
As explotacións con dereito ás axudas de incorporación ás IXP poden solicitalas desde mañá
As ganderías inscritas na IXP Ternera Gallega e/ou na IXP Vaca Galega-Boi Galego, que cumpran os requisitos para subvencionar os gastos de marcaxe, teñen de prazo para solicitar as axudas entre o 23 de abril e o 27 de maio.
Poden ser beneficiarias as persoas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas que se incorporaran ás IXP nos últimos 5 anos e que teñan gastos de marcaxe superiores a 50 euros. O período subvencionable abrangue dende o 1 de maio do 2024 ata o 30 de abril deste ano.
Con estas achegas, cóbrese o 100 % dos gastos realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación.
Tanto as persoas físicas como as xurídicas, deben presentar a solicitude a través da sede online da Xunta, onde se especifica a documentación que teñen que entregar (código de procedemento MR362A).
Pode consultar a convocatoria deste ano neste enlace ao DOG.
Para calquera dúbida, contacte co Consello Regulador nos teléfonos habituais, 981 575786 e 981 574899, ou enviando un correo electrónico a: admin11@vacundegalicia.com