Xornadas informativas GO Dixitega e outras ferramentas de dixitalización

  • Actividade: Exposición sobre a plataforma DIXITEGA, que integra as distintas fontes de datos relevantes para a cadea de valor da IXP Ternera Gallega. A información que recolle abarca desde o custo das materias primas, a evolución dos prezos, a oferta e a tipoloxía dos animais dispoñibles para comercialización ata as estatísticas de produción, sacrificio e consumo de carne. Nesta xornada tamén se abordarán outras ferramentas gratuítas de dixitalización e profesionalización do sector; entre elas, Contacarne.
  • Horario: 18:30 - 20:30 h.